O submarino entendeu mellor o sucedido e como solucionalo

Milucho Alonso VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

22 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Con respecto á tempada pasada dá a impresión que o Vilarreal entendeu mellor o sucedido o ano pasado e en como solucionar os seus problemas e conseguiuno mentres que o Celta apostou por outro tipo de fútbol.

O Vilarreal gañou sobre todo en seguridade defensiva, arranxaron ese problema e acompañáronlle o acerto de cara ao gol, especialmente en casa, onde crean moitas ocasións e marcan moito, o que sempre che dá marxe de erro.

A tempada pasada o Vilarreal tivo moitos problemas defensivos e esta tempada chegaron ao convencemento de que defendendo ben van ter moitas máis posibilidades de gañar.

 

Logo están os casos de Cazorla e Moreno. Santi xa estivo a moi ben nivel o ano pasado pero o deste curso é algo fóra do normal. Ten moitísimo peso no equipo e no xogo ofensivo, e é capaz de conectar cos compañeiros en todo o referente a predisposición ao traballo e ilusión, porque el lle transmitiu aos demais que a base de esforzo se solucionan os problemas.

Pola súa banda Gerard, que o curso pasado só marcara sete goles, algo que non eran nada normal tendo en conta que viña de facer 16 co Espanyol e a etapa anterior en Vilarreal fixera goles tamén. Co seu acerto o equipo moitísimo.

Igual que en velocidade no xogo de ataque porque tanto Toko Ekambi como Chukwueze con xogadores moi verticais que con campo son perigosos.

O Celta non ten eses xogadores que dan verticalidade ao equipo, non ten velocidade en banda nin futbolistas específicos e cando queres facer transicións rápidas cústache moito. Chegar arriba para sorprender no fútbol no día de hoxe é algo moi habitual. Está a pasar de moda iso de temporizar, ter o balón nos teus pés moito tempo e de cando en vez facer ocasións de gol, e agora todo o mundo busca roubar o máis preto posible da área rival e darlle verticalidade ao xogo e cando tes a xogadores que lle gusta ter máis o balón estás facilitando o traballo do equipo que ten que defender.

Por outra banda, a aposta de Óscar García en Barcelona sorprendeunos a todos e o equipo entendeu ben o que tiña que facer, xogou moi adiantado e creo que tivo o partido controlado pero hai un xogador chamado Messi ao que é imposible de controlar, e sobre todo nas accións de lanzamento de falta.

Creo que o Celta durante media hora fixo unha presentación dunha liña de fútbol moi clara que quere o novo adestrador e o partido do Vilarreal pode ser unha reválida, pero falamos de rivais distintos e seguro que Óscar buscará sorprender con outras armas aínda mantendo a súa idea de fútbol.