Un partido de reencontros para Roger García Junyent, ex do Submarino

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOÁN CARLOS GIL

O segundo adestrador do Celta vestiu a camiseta do Vilarreal entre os anos 2003 e 2006

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O segundo adestrador do Celta , Roger García Junyent, reencontrarase na próxima xornada cun dos equipos cuxa camiseta defendeu durante a súa carreira como futbolista profesional, o Vilarreal. O agora membro do corpo técnico celeste formouse no Barcelona do mesmo xeito que o seu irmán Óscar e chegou ao primeiro equipo, desde onde deu o salto ao Espanyol para estar alí durante catro tempadas.

A continuación probaría sorte no equipo castellonenco, onde estivo durante tres tempadas, entre os anos 2003 e 2006, e disputou un total de 80 partidos ás ordes de Benito Floro, Paquito e Pellegrini. Deses encontros, catro foron contra o Celta , equipo ao que nunca conseguiu gañar vestindo a camiseta do Vilarreal. O primeiro enfrontamento foi co equipo do catalán como local, con resultado de 1-1 o 21 de setembro do 2003, con Roger titular e disputando 69 minutos.

XOÁN CARLOS GIL

Os duelos sucesivos contra os celestes saldáronse en todos os casos con derrotas, dúas en Balaídos e unha no Madrigal, sempre con resultados moi axustados. Roger tivo 45 minutos no 2-1 de Balaídos do 8 de febreiro do 2004, 32 no 1-2 do 21 d setembro do 2005 e, para rematar, 90 minutos no 1-0 do 12 de decembro do 2006, a última vez que se mediu aos vigueses.

Nos dous últimos partidos, os do curso 2005/2006 tivo en fronte no Celta a Borja Oubiña, co que agora comparte corpo técnico ao continuar o vigués no seu cargo de asistente.