Denis Suárez dedica unha cariñosa despedida a Escribá

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

LOF

O céltico agradece ao técnico saínte o seu «compromiso, respecto, profesionalidade e cariño»

04 novs 2019 . Actualizado ás 17:43 h.

O céltico Denis Suárez dedicou unhas palabras de despedida a través das súas contas en redes sociais ao adestrador saínte do Celta , Fran Escribá, ao que tamén defendera con contundencia hai unhas semanas cando comezaba a estar en entedicho.

«As cousas non saíron como todos agardabamos, pero quedamos co teu compromiso, respecto, profesionalidade e cariño. Grazas, míster. E sorte no futuro, merécela», é o texto que dedica o canteirán ao que foi o seu primeiro entreandor no primeiro equipo do Celta tras o seu regreso o pasado verán. Tamén Rafinha e Beauvue dirixíronse ao seu exentrenador a través de redes:

Foi tras a vitoria ante o Athletic Club cando Denis, en declaracións aos medios oficiais do club e sen que se lle preguntase especificamente polo adestrador, sacou a cara por Escribá de forma decidida. «O míster estaba cuestionado e na miña opinión está facendo un traballo incrible», dixo o 6 de outubro no último partido no que os celestes lograron puntuar.

Precisamente Denis foi un dos protagonistas do partido de onte polas súas imaxes no banco tras ser substituído. O salcedense tapouse a cara cun abrigo dando claros signos de frustración e desesperación.