Ao Celta non lle abonda a súa tímida melloría

Julio Álvarez Buylla A OPINIÓN DE XULLO ÁLVAREZ-BUYLLA

BANCADA DE RÍO

LOF

01 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta saíu derrotado fronte ao Betis dun partido no que se o valor de goles non contase, non perdese. Pero máis por sorte que por desgraza, isto é fútbol e aquí as vitorias aos puntos ou merecer máis que o teu rival non son valores cuantificables nin sumables ao resultado final. Escribá rompeu o paradigma e modificou a disposición dos xogadores no campo. Unha novidade que achegou liñas pero que só se traduciu nunha tímida melloría de tres cuartos cara a adiante, onde o Celta , a pesar de mellorar, volveu pecar de falta desborde e da capacidade para traducir o seu dominio en ocasións claras de gol. E é que o equipo volveu facer ben o que facía ben e a facer mal o que facía mal e isto ha día de hoxe non chega para gañar os partidos, nin parece que chegue nun futuro máis próximo coas aparición das famosas dinámicas.

A clave

Cadea de erros

Os detalles son claves no fútbol e máis se se converten en erros. Por que se perdeu se o Celta mellorou o seu nivel ofensivo e xerou máis que o rival? Por que se perdeu ante un rival que partiu ao equipo cos cambios ofensivos nos últimos 15 minutos? Por que se perdeu se fuches superior durante polo menos 60 minutos? Unha mala temporización que acaba cunha entrada a destempo, unha acción a balón parado, un mal despexe e un descoido na segunda xogada son respostas non xa a por que non se gañou, pero si a porque se perdeu. O balón parado parece que regresa ao debe do equipo.

2 A rotación

A variante táctica

Escribá cambiou as súas disposición táctica abandonando o seu sistema de referencia. Similar a unha rotación, sitúo a Mina na dereita, que por velocidade e verticalidade é o máis parecido que ten no persoal a un extremo, Rafinha polo centro para enlazar con Aspas e o de Moaña na punta do ataque. O gol do Betis apenas deixou ver o ataque do Celta na primeira media hora, pero si é certo que na segunda parte os vigueses, xa con Brais, xeraron máis opcións de gol que no pasado. Vale, pero chega con isto? Os rivais saben que o perigo do Celta está cando corre , nas rápidas transicións e no perigo de Aspas recibindo entre liñas e tras perda non lles doe replegarse e entregar o balón ao Celta ao que o xogo posicional ségueselle atragantando.

3 O dato

A posta en escena

A chegada de Escribá achegou orde e mellora defensiva pero o Celta quizais converteuse nun equipo excesivamente predicible. Sen riscos de inicio tanto ofensivos como defensivos os vigueses parecen intentar que o que suceda na primeira parte non lles faga dano, coma se agardasen xulgarse o todo ou nada nos 45 minutos finais. É unha opinión, pero os tres goles marcados nos primeiros 45 minutos desde que Escribá chegou ao equipo é un dato.

Julio Álvarez Buylla é adestrador nacional, máster en psicoloxía deportiva e coach deportivo.