Bos xogadores, non bo equipo por agora

José Luis Mosquera VIGO

BANCADA DE RÍO

M.MORALEJO

26 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta non é un equipo capaz de atopar a súa idea de xogo. É un equipo que nestes momentos está nunha zona perigosa de dúbidas. Creo que hai bos xogadores pero non hai bo equipo de momento e para facer un bo equipo a xente tense que involucrar máis, non só con calidade gáñanse os partidos.

Este Celta perdeu moito no terreo ofensivo. Escribá falaba de equilibrio tanto a tempada pasada como esta e resulta que o equipo agora está desequilibrado en ataque. É unha situación preocupante porque se o Celta segue con estas vicisitudes vai ter que pelexar por non descender como a tempada pasada cando ten un mellor equipo.

Desde o meu punto de vista os xogadores do Celta saben que son bos pero un equipo cando compite ten que ter curritos e hai algúns que se teñen que pór a traballar máis. Non vale caer na convicción de que a entidade ten a grandes xogadores, senón que hai que demostralo no campo.

Outro aspecto é o clima de tranquilidade que é bo para xestionar os egos no vestiario e que a xente a vexa problemas, pero chega un momento que se segues co «tranquilo, tranquilo» xa é peor porque se volve en contra. Creo que é o momento de que alguén dea un paso adiante.

Ademais, vexo ao Celta como un equipo plano que aínda que aposte polo xogo combinativo tamén debe saber enganar aos rivais, e non o caso.