Rubén leva o primeiro premio desta tempada ao mellor céltico do mes

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

A afección do Celta escolle ao mosense como o máis destacado de setembro

16 oct 2019 . Actualizado ás 12:05 h.

O gardameta céltico Rubén Blanco foi escodido como mellor xogador do mes de setembro na votación organizada polo club, na que se impuxo a Joseh Aidoo e Fran Beltrán, os outros xogadores que se propuxeron como candidatos. O mosense tamén fora o máis destacado para os lectores de Bancada de Río segundo as notas medias dos votos emitidos cada xornada.

Este recoñecemento non é novo para Rubén, que xa o recibiu dúas veces a tempada pasada, en concreto nos meses de xaneiro e marzo. Ademais del, a tempada pasada habian repetido Iago Aspas -que llo levou en outubro e en maio- e Okay Yokuslu -en decembro e febreiro-. O resto dos gañadores do ano pasado foran Beltrán (setembro) e Brais (novembro).

Rubén, que é o único xogador do equipo que disputou todos os minutos esta tempada, participou xa que logo nos catro partidos do mes de setembro polo que recibe o premio. Granada, Atlético, Espanyol e Eibar, por esa orde, foron os rivais aos que se mediu o equipo neste período.