O Celta estrea conta de Twitter en inglés

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

O novo perfil ha lanzado a súa primeira mensaxe esta mañá

15 oct 2019 . Actualizado ás 14:17 h.

O Celta estreou esta mañá o seu primeiro perfil oficial en inglés, que abriu en Twitter. Baixo o nombe de usuario de \RCCeltaEN , a conta foi creada o mes pasado, segundo figura no seu perfil, pero non foi ata hoxe cando publicou a súa primeira mensaxe. "Benvidos á nosa conta oficial de Twitter en inglés. Seguídenos para estar actualizados coas nosas últimas noticias", era o seu primeira chío, lanzado ás 13.32 horas.

Minutos despois, o perfil en español -creado en marzo do 2011 e con máis de 400.000 seguidores na actualidade- facíase eco da posta en funcionamento do novo perfil. "¡Por fin!", exclamaban. De feito, esta conta en inglés era unha demanda dalgúns afeccionados hai tempo. Mesmo existen algunhas contas non oficiais de afeccionados creadas co fin de informar nesta lingua das novidades do club (caso de Celta USA, que foi dos primeiros en celebralo).

A nova conta é idéntica á que utiliza como idioma o español. As fotos de portada e de perfil soin coincidentes, así como a descrición e o resto de detalles cos que conta.

O club dá así un paso máis en redes sociais. Ademais destes dous perfís en Twitter, a rede social onde ten presenza desde hai máis tempo é Facebook, que tamén é onde maior seguimento adquiriu en número de contas vinculadas -máis de 525.000-. De máis recente creación é a conta de Instagram, onde se adoitan escribir de xeito simultáneo todas as publicacións en tres idiomas -galego, español e inglés- e onde teñen máis de 192.000 seguidores.