A saga Aspas Juncal continúa na Madroa

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Raúl Blanco Juncal, xuvenil primo de Aspas, adestrou por primeira vez co primeiro equipo

10 oct 2019 . Actualizado ás 12:46 h.

Chámase Raúl Blanco Juncal, ten 18 anos e hoxe adestrou por primeira vez co primeiro equipo e, á vez, co seu curmán Iago Aspas. Porque a saga Aspas Juncal continúa na Madroa, onde Raúl é o único futbolista da súa xeración que comezou en benxamíns no Celta e que pasou por todas as categorías ata chegar a xuvenís. Tomou a vez de Diego Alende como canteirán con máis anos ás súas costas no club.

Raúl, mediapunta nado en Moaña no ano 2001 -aquela época en que o seu primo xa era xogador da base celeste e recogepelotas en Balaídos-, foi habitual coas distintas categorías das seleccións galegas sub-16 e sub-18 e o pasado verán realizou a pretemporada co Celta B ás ordes de Jacobo Montes. Forma parte de Xuvenil de División de Honra co que xa debutou a pasada campaña e no que está a ser un fixo para Jorge Cuesta e xa se estreou como goleador.

Os que lle coñecen contan que á parte de ser zurdo, ten en común con Aspas o seu temperamento e outra cousa máis, que «sente as cores como o que máis». Por ese motivo rexeitou as ofertas que tivo o pasado verán para ter abandonado o club. A súa familia agardaba hai tempo o momento de verlle adestrar xunto a Iago. Un paso máis nunha carreira que promete .