Xornada sen derrotas en toda a estrutura celeste

M. V. F. VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Desde o primeiro equipo aos benxamíns, dous equipos empataron e o resto gañaron os seus partidos desta fin de semana

07 oct 2019 . Actualizado ás 10:04 h.

Fin de semana case perfecta para os equipos da estrutura celeste, desde o conxunto de Primeira ata os benxamíns. A falta dun partido por disputarse, todos gañaron con dúas únicas excepcións -o filial e o Xuvenil de División de Honra- que saldaron os seus partidos con empates. Ningunha derrota celeste xa que logo na primeira xornada de liga do mes de outubro. 

Xuvenís

O Celta de División de Honra Xuvenil cultivou un empate a ceros na Madroa fronte ao Sporting de Xixón, pero este resultado permítelle seguir líder ao perder o outro equipo que ata agora sumara todos os puntos en xogo, o Oviedo, e de feito éo por primeira vez en solitario. A próxima xornada visitan ao Ural, rival da zona media da táboa.

Celta Xuvenil A - División de Honra Xuvenil

Primeira posición, 13 puntos en 5 xornadas (5V, 0D, 0E).

Goleadores: Miguel Rodríguez Vidal (3), Raúl Blanco (1), Carlos Domínguez (1), Fran López (1), Carlos Martínez (1), Aldán Naval (1), David Vilán (1), Gabri Veiga (1).

Tamén se mantén líder en solitario o Celta Xuvenil de Liga Nacional, que nesta xornada venceu por 0-3 ao Pontevedra. Marcaron Pablo Meixus, Jesús Ares e Arnau Farnós, este último desde o punto de penalti. Levan quince puntos de quince e marcaron 17 goles por tres encaixados. Séguenlles con 13 puntos o Choco e o Pavillón, ao que se medirán a próxima xornada.

Celta Xuvenil B - Liga Nacional Xuvenil

Primeira posición, 15 puntos en 5 xornadas (5V, 0D, 0E).

Goleadores: Mario Cantero (3), David da Igrexa (3), José Pérez (3), Arnau Farnós (3), Brais Penela (2), Pablo González Meixus (2) e Jesús Ares (1).

Cadetes

Catro goles de Álex Comparada -que xa leva trece en cinco partidos- deron ao Celta de División de Honra Cadete a súa quinta vitoria de cinco posibles. Derrotaron por 4-0 na Madroa ao Racing de Ferrol e seguen líderes pero cos mesmos 15 puntos que o Deportivo, que tampouco coñece un resultado diferente da vitoria. Na próxima xornada visitan ao Xuventude Oroso.

Celta Cadete A - División de Honra Cadete

Primeira posición (colíder), 15 puntos en 5 xornadas (5V, 0D, 0E).

Goleadores: Álex Comparada (13), Tobías Recluída (2), Stefan Bajcetic (2), Fernando Garrido (2), Henok Abalde (2), Roi Tato (2), Azael García (2) Robert Carril (1), Roi Parguiñas (1) e Pedro Carril (1).

O Cadete B xogará o mércores o seu partido de Liga  Galega fronte ao Rápido de Bouzas a domicilio. Caeron provisionalmente á duodécima praza cun partido menos.

Infantís

O Infantil A acada os quince puntos tras cinco vitorias en cinco partidos, marcando 41 goles e encaixando dous. O triunfo máis recente chegou esta fin de semana na Madroa fronte ao Salgueiriños por 6-0 e goles de Izan Regueira (de penalti), Martín Martínez, André Delgado, Adrián Almón, Xavier Cidre e Jaime Goris. A semana que vén enfróntanse á UD Ourense.

Celta Infantil A - Liga Galega Infantil

Primeira posición, 12 puntos en 5 xornadas (5V, 0D, 0E).

Máximos goleadores: Miguel Conde (10), Jaime Goris (5), Martín Martínez (5), Adrián Almón (4), Izan Regueira (3), Manuel de la Fuente (3), Iker Calleja (2), André Delgado (2), Víctor Cortegoso (1), Xaquín Martínez (1), Andrés Antañón (1).

Pleno de vitorias tamén do Infantil B, que ao ter descansado a semana pasada non pode ser líder por levar un partido menos que o primeiro clasificado. Son segundos con quince puntos, os tres últimos sumados ao gañar por 12-0 ao Comesaña. Marcaron Nicolás Oliveira (3), Anxo Davila (3), Pablo Vázquez (4), Iago Barreiros e Álvaro Álvarez.

Celta Infantil B - Primeira Autonómica Infantil

Segunda posición (un partido menos), 15 puntos en 5 xornadas (5V, 0D, 0E).

Máximos goleadores: Anxo Davila (9), Hugo Durán (6), Nicolás Oliveira (5), Pablo Vázquez (5), Pedro Bouzada (4), Hugo Caride (3), Álvaro Álvarez (3), Alejandro Barreiro (2), Arón Alonso (1), Álex Ribeiro (1), Pablo González (1), Roi Rodríguez (1), Anxo Rodríguez (1), Jorge Grajales (1), Iago Barreiros (1).

Alevíns 

Os alevíns de Primeira sumaron a súa terceira vitoria en tres partidos. Superaron ao Choco por 10-0 e os seus nove puntos ler permiten seguir igualados con Mos, Areosa e Val Miñor, aínda que a diferenza de goles outórgalles a primeira praza. O seu cuarto rival deste curso será o Colexio Fogar.

Celta Alevín A - Primeira Galicia Alevín

Primeira posición (colíder), 9 puntos en 3 xornadas (3V, 0D, 0E).

En só dúas xornadas, o Alevín B leva xa 31 goles a favor por só dous en contra. Os canteiráns celestes gañaron esta fin de semana na Madroa ao Santa Mariña por 21-0 e son un dos catro equipos con seis puntos xunto con Cristo da Victoria , Rápido e Areosa. Este último será a semana que vén o seu terceiro rival do campionato.

Celta Alevín B - Segunda Galicia Alevín

Segunda posición (colíder), 6 puntos en 2 xornadas (2V, 0D, 0E).

Benxamíns

Terceira vitoria de tres para o BenxamínA , que encaixou o seu primeiro gol da liga, pero que a pesar diso impor con claridade (1-10) ao Ribeira do Rosal. Os seus mesmos nove puntos sumáronos o Coruxo e o Rápido de Bouzas, pero a diferenza de goles outorga tamén neste caso a cabeza da táboa aos vigueses.

Celta Benjamín A - Primeira Galicia Benjamín

Primeira posición (colíder), 9 puntos en 3 xornadas (3V, 0D, 0E).

Para rematar, o Benjamín B gañou 17-0 ao Choco, firmanfo deste xeito a súa segunda vitoria en dúas xornadas. É colíder e segundo clasificado, xa que o Rápido marcou os mesmos 28 goles pero aínda non encaixou, mentres os celestes si recibiron un gol na xornada inaugural.

Celta Benjamín B - Segunda Galicia Benjamín

Segunda posición (colíder), 6 puntos en dúas xornadas (2V, 0D, 0E).