Merlegos Celestes organiza viaxe a Eibar

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Sairán a véspera do partido programado para o domingo 29 de setembro ás 14.00 horas

07 sep 2019 . Actualizado ás 13:20 h.

A pena celtista compostelá Merlegos Celestes organiza viaxe para o terceiro desprazamento do curso, que levará ao Celta a Eibar o domingo 29 de setembro ás 14.00 horas no partido correspondente á sétima xornada. Será o primeiro dos dous consecutivos que agardan ao equipo nese horario despois de que a visita do Athetic Club a Balaídos cambiase de programación e quedase fixada para xusto unha semana máis tarde.

Merlegos propón unha viaxe con saída a véspera do partido, o sábado, pola mañá e regreso á conclusión do encontro. O prezo é de 50 euros -autobús, hotel e almorzo- máis o importe da entrada para peñistas de Merlegos Celestes e 65 máis o billete para integrantes doutras penas. Para poder acceder a unha entrada, lembran desde este colectivo celtista, é requisito imprescindible figurar no libro de registo dunha pena.

Coa Pena Eibarzale como anfitrioa, o desprazamento a Eibar converteuse nun dos máis atractivos para a afección do Celta desde que ambos os equipos coinciden en Primeira. Esta é a sexta tempada consecutiva na que ambos os conxuntos ven as caras na máxima categoría.

XOAN CARLOS GIL