O Celta de veteranos 'ficha' a Míchel Salgado, Pablo Couñago e Pablo Coira

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

INSTAGRAM PABLO COIRA

O equipo formado por exjugadores célticos superou ao Deportivo esta fin de semana

26 ago 2019 . Actualizado ás 09:10 h.

O Celta de veteranos, dirixido por Moncho Carneiro, enfrontouse esta fin de semana ao Deportivo nun compromiso encadrado dentro do torneo internacional Míchel Salgado Cup, que tivo como escenario Pardellas (Ponteareas). Os celestes impuxéronse no derbi por un resultado de 5-1 nun partido no que o conxunto vigués presentou novas caras.

A principal foi a do propio Míchel Salgado, que no seu día xa participara nalgún compromiso da liga indoor, pero que levaba tempo sen defender a camiseta do Celta . Máis aínda levaría probablemente o tamén canteirán Pablo Couñago, que puxo fin á súa carreira como futbolista en activo no Choco hai pouco máis dun ano, pero que deixou o club vigués no ano 2001.

Xunto con eles, outra gran novidade foi Pablo Coira, que compartiu unha imaxe cos outros dous ‘ficahjes' do Celta de veteranos. «Gran día de reencuetros con amigos e compañeiros», escribiu engadindo tamén unha foto de grupo de todos os participantes celestes. Salgado confesou á Radio Galega que o seu ídolo de infancia, Vicente, apartado voluntariamente da vida pública desde hai anos, non quixo participar.