O Celta B imponse o Ourense CF con gol de Miguel Rodríguez

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

INSTAGRAM MIGUEL RODRÍGUEZ

Os de Jacobo Montes seguen invictos na pretemporada

01 ago 2019 . Actualizado ás 10:00 h.

O Celta B segue contando os seus partidos por vitorias na pretemporada e onte derrotou ao Ourense CF no municipal de Barreiro no seu quinto amigable de pretemporada. Os de Jacobo Montes venceron pola mínima grazas a un gol conseguido no minuto 73 por Miguel Rodríguez, que o ano pasado estaba aínda en idade cadete e que xa leva tres tantos conseguidos nesta pretemporada. Rodríguez é habitual conlas categorías inferiores da selección española e o ano pasado xa disputou a Copa de Campións co Xuvenil A.

O partido supuxo a estrea de dúas das fichaxes do equipo: o gardameta Álvaro Fernández Calvo e o extremo Yaw Yeboah. No caso do porteiro, foi a primeira fichaxe do equipo neste mercado, pero estivo concentrado ata a pasada fin de semana coa selección española sub-19 coa que se proclamou campión de Europa da cateroría. Yeboah foi o último reforzo en anunciarse ata o momento.

O once completouse con Manu Farrando, Souleyman Cissé, Manolito Apeh, Juan Ros, Riki Mangana, Jacobo González, Miguel Fernández e David Álvarez.

O equipo vigués iniciou a pretemporada vencendo 4-0 ao Compostela con goles de Apeh, Riki Mangana, David Álvarez e Salomón Obama e a continuación afrontou un triangular no que empatou ante o Fabril e gañou ao Pontevedra con gol de Apeh. O domingo fronte ao Moaña venceron por 0-3 con un  novo gol de Manolito e dous de Miguel Rodríguez, que onte repetía. O domingo terán un novo test ante o filial do Porto.