Fran Escribá e Brais Méndez arrouparon ao Celta B no Collao

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Fran Beltrán e Néstor Araujo acordáronse do segundo equipo celeste a través das redes sociais

03 jun 2019 . Actualizado ás 09:29 h.

O adestrador do Celta , o valenciano Fran Escribá, quixo estar onte no Collao apoiando ao segundo equipo celeste no play-out pola permanencia en Segunda B. O preparador, xa durante as súas vacacións, estivera na ida en Barreiro un semana antes e cando aínda non se había oficializado a súa renovación co equipo e onte tampouco quixo faltar. Ademais, logo deulles o parabén a través da súa conta de Facebook:

Non foi o único representante do primeiro equipo. Tamén estivo Brais Méndez, íntimo amigo do capitán do Celta B, Diego Alende. O canteirán, do mesmo xeito que Escribá, fotografouse cos afeccionados celestes presentes no Collao que así llo solicitaron.

Ademais, outros xogadores do primeiro equipo enviaron os seus ánimos e logo felicitacións a través das redes sociais desde a distancia. Foi o caso de Néstor Araujo e Fran Beltrán. O canteirán e excéltico Álex López tamén mandou as súas felicitacións ao equipo a través das redes á conclusión do partido. Houbo máis: