De Lucas, axente de Beauvue, acusa ao Caen de mentir sobre o xogador

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

caen

O céltico, cedido no club francés, foi apartado por faltar a un adestramento, aínda que o seu representante asegura que tiña permiso

20 abr 2019 . Actualizado ás 11:10 h.

O representante de Claudio Beauvue, o excéltio Quique de Lucas, emitiu un comunicado a través das redes sociais para aclarar o sucedido onte co futbolista cedido polo Celta no Caen. O club francés anunciou onte que o dianteiro fora apartado por faltar a un adestramento, feito que enseguida negou o interesado, engadindo que se decatou do castigo a través da web do club sen que se lle comunicase persoalmente antes.

O axente comeza o seu texto comentando que desexa «aclarar algúns puntos» tras o sucedido onte. «Por unha banda, Claudio sempre defendeu as cores do Caen con moito orgullo e así seguirá sendo ata final de tempada», introduce. E acto seguido engade que en moitas ocasións Beauvue «arriscou a súa saúde para poder axudar ao equipo e os seus compañeiros».

Por todo o anterior, xogador e axente non entenden agora «a actitude do club, faltando á verdade sobre o que realmente ocorreu dun xeito descarado e malintencionada acusando a Claudio de feitos que non sucederon». Explica respecto da ausencia no adestramento na que se escudou o club para xustificar que teña sido apartado que «tiña permiso do adestrador dado que foi o seu aniversario».

E dado o sucedido, engade De Lucas que se reservan «calquera acción que ampara a lexislación» e e que xa puxeron en mans da representación xurídica en Francia para que procedan se fose necesario na defensa da imaxe e profesionalidade que claudio a demostrado ao longo de toda a súa carreira».