Emre Mor avanza na súa recuperación

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

M.MORALEJO

O atacante non está descartado para o Celta -Xirona

18 abr 2019 . Actualizado ás 13:05 h.

O atacante turcodanés Emre Mor avanza na súa recuperación e podería chegar para o partido do sábado ante o Xirona. Así o comunicou o Celta , que informou de que o futbolista puido reiniciar hoxe a actividade co grupo despois de ter traballado á marxe no ximnasio na xornada de onte.

Mor sufrira unha escordadura no nocello esquerdo na sesión do martes que lle impediu completar o adestramento. Tras ser titular a semana pasada por primeira vez con Escribá e moitos meses despois da súa anterior participación nun once, parece que o xogador poderá estar a disposición do técnico no caso de que este queira repetir a aposta por el.

Emre apareceu varias veces no parte médico do club, sempre con problemas menores como gripes ou pequenas escordaduras que nunca lle tiveron demasiado tempo parado. Parece que este caso tampouco será a excepción.

Mentres, seguen no parte David Juncà e Brais Méndez, ambos con lesións musculares. No caso do mosense, Escribá revelaba esta mañá que a súa recuperación está a ser máis rápida do pevisto e que talvez chegue para algún dos duelos desta semana de tres, aínda que en ningún caso para o Xirona. O técnico asegurou que en ningún caso tomarán risco nin cun nin con outra ante a posibilidade de perderlles para o que resta de liga.