Un xogador maduro para o lateral dereito

ANTONIO GÓMEZ ADESTRADOR DE FÚTBOL

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Kevin coñézoo desde cando o fichou o Areosa en cadetes e por aquel entón era interior dereito, era ofensivo e de moita calidade, e logo cando pasou ao Celta sorprendeume que fose pasando ata o lateral dereito.

Logo no Celta B seguín o seu traballo como lateral dereito e teño a impresión de que estivo demasiados anos, pero o importante é que ao final se confirmou nun xogador que lle vale ao club. Sempre me gustaron as súas características, no Celta B, que eran fundamentalmente ofensivas, algo que pode vir vinculado ás súas orixes como futbolista. Nestes momentos véxoo como un xogador maduro.

En canto a posición véxolle como lateral dereito. Aí pode pelexar porque reúne calidades técnicas e físicas e mesmo as defensivas aprendidas en todos estes anos. Ten a desgraza, ben entendida, de que ten a Hugo Mallo nesa posición. Como lateral esquerdo é un recurso única e exclusivamente. O cambio do Bernabéu prexudicoulle.

É un caso distinto ao de Jonny, que parece ser que xogou sempre na esquerda, aínda que eu cando estaba no Celta pensaba que sería un grandísimo lateral dereito para a selección española e un bo lateral esquerdo, que creo que é no que se quedou.

De cara ao partido co Vilarreal quen será o lateral esquerdo? A opción que adoptou o club é a de Olaza, porque se non xoga este partido é un fracaso total de quen o fichou.