«A mesma fidelidade en descenso que en Europa League»

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

Numerosos afeccionados compartiron imaxes dunha espectacular benvida que técnico e xogadores agradeceron tras o partido

03 feb 2019 . Actualizado ás 11:19 h.

Facía tempo que a afección do Celta non era convocada para un recibimento nunha situación clasificatoria extrema. Os máis recentes foran para impulsar ao equipo cara a Europa a pasada campaña ou para arrouparlle nas eliminatorias de Europa League fai dúas. Onte, co equipo en descenso, e como descaban algúns afeccionados, a fidelidade foi a mesma que nas ocasións en que se trataba de benvidas festivas.

Nin sequera a choiva que comezou xusto á hora en que fora convocado o recibimento alterouno. Baixo o berro de «e se chove que?», os afeccionados seguían ao seu, impacientes porque chegase un momento que non decepcionou. Foron moitos os que móbil en man quixeron deixar testemuño gráfico da chegada do autobús. Estes foron algúns deses vídeos compartidos por celtistas a través das redes sociais: