Brais, debut de marca e con gol coa selección española

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

O canteirán do Celta estréase marcando no amigable fronte a Bosnia

19 novs 2018 . Actualizado ás 22:20 h.

Primeiro partido e primeiro gol para Brais Méndez coa selección española absoluta. Apenas uns 20 minutos levaba o canteirán do Celta no terreo de xogo no amigable fronte a Bosnia cando chegou o tanto que adiantaba ao equipo de Luis Enrique. Como e o seu día, ahce dous anos, fixo Iago Aspas en Wembley fronte a Inglaterra.

Foi un debut de marca para o centrocampista, que aos seus 21 anos é o futbolista pontevedrés máis novo en estrearse coa selección española absoluta e o terceiro galego, segundo datos de Afouteza e Corazón. A mesma fonte detalla que é o futbolista galego número 41 que xoga con España e o 18 da provincia de Pontevedra que pasa a ser a provincia galega que máis internacionais achegou á selección.

Brais Méndez sucede ao tamén canteirán do Celta como último galego en debutar. Dos últimos dez futbolistas da comunidade en debutar, seis eran galegos (Míchel Salgado, BorjaOubiña, DenisSuárez, Iago Aspas, Jonny e agora Méndez). Na actual convocatoria hai catro canteiráns do Celta , incluído Rodrigo.

Para Brais é o seu catro gol nos últimos cinco partidos disputados. Viu portería nos tres partidos de Liga máis recentes e unicamente non o conseguiu na ida de Copa.