Borja Domínguez volve xogar oito meses despois

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

ANGEL MANSO

O vigués e canteirán do Celta sufriu unha grave lesión de xeonllo en febreiro

18 oct 2018 . Actualizado ás 10:08 h.

O centrocampista vigués Borja Domínguez reapareceu onte tras oito meses lesionado. Foi no partido de Copa entre o Alcorcón e o Lugo no que o conxunto de Javi López pasou de rolda  no que o canteirán do Celta saíu aos 83 minutos en substitución de Errasti.

Domínguez sufrira unha rotura do ligamento cruzado anterior e do ligamento lateral interno do xeonllo dereito durante unha partida fronte ao Barcelona B o 10 de febreiro deste ano do que se tivo que retirar aos 24 minutos. Un par de días despois confirmábase o diagnóstico e se ha anunciaba que tería que pasar por quirófano.

A mediados de setembro, o vigués recibía por fin a alta e comentaba que ía traballar par «volver ser o xogador que era». Onte deu o primeiro paso volvendo vestirse de curto en partido oficial tras unha longa espera. É a segunda tempada no seu actual club para o futbolista, que se desvinculou do Celta no verán do 2016 tras unha cesión no Racing de Ferrol e logo pasou por Córdoba -co que debutou en Segunda- e Oviedo.