Vota | Están xustificados os asubíos en Balaídos?

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

A afección do Celta mostrou o seu malestar mesmo con vantaxe no marcador

02 oct 2018 . Actualizado ás 11:03 h.

A afección do Celta saíu onte moi descontenta de Balaídos, e non só polo resultado. Co 1-0 aínda no marcador, o malestar do público fíxose evidente a través de asubíos -sempre respondidos por outros afeccionados que intentaban calalos animando ou aplaudindo-, especialmente no momento da entrada de Araujo por Jensen. De novo ao final do partido, xa cando se consumou o empate, foron perfectamente audibles os asubíos, dirixidos en gran medida a Antonio Mohamed. Tanto el como Cabral mostráronse comprensivos respecto diso, o mesmo que Sergio. Está xustificada está reacción desde a bancada celeste?