Júnior Alonso, novo xogador do Celta

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

JB Autissier

O defensa chega como cedido polo Lille con opción de compra

14 ago 2018 . Actualizado ás 19:09 h.

O paraguaio Júnior Alonso é a última peza do quebracabezas celeste para a tempada 2018/2019. O defensa, que pode actuar como central ou lateral, é a sétima fichaxe do club vigués este verán e, salvo sorpresa, o último de acordo coa idea expresaba pola entidade. Chega procedente do Lille como cedido con opción de compra.

O futbolista levaba días sendo relacionado co Celta e o seu representante confirmou a La Voz o pasado domingo que había interese por parte do club vigués. Mentres, quedou fóra da convocatoria do Lille para o primeiro partido de Liga , o que unido ao feito de que o conxunto francés necesitaba desfacerse dunha das súas fichas de extracomunitarios, confirmaba que toco encaixaba para que fose o elixido.

Alonso, de 25 anos, formouse no Cerro Porteño do seu país tras comezar no fútbol sala e deixalo durante un tempo na súa infancia para axudar ao seu pai como mecánico. En xaneiro do 2017 deu o salto a Europa da man do Lille, onde agora remata a súa etapa.