Un toque celeste para o Xuvenil de Teis

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

INSTAGRAM

O equipo de voleibol ficha á profesional Melisa Kerman, que chega a Vigo para acompañar á súa parella, Okay Yokuslu

13 ago 2018 . Actualizado ás 20:01 h.

O Xuvenil de Teis pechou unha incorporación de luxo. Trátase da xogadora profesional turca Melisa Kerman, que chega a Vigo acompañando á súa parella, Okay Yokuslu, un das fichaxes do Celta este verán. A xogadora súmase a Marta González, o outro fichaxe confirmada para a próxima tempada no equipo de Celso Veloso.

O Celta puxo en contacto a xogadora e club e colaborou para facilitar que a chegada de Melisa ao Xuvenil fose posible. Nos últimos días, a moza xa comezou a traballar con algunhas das súas compañeiras que nesta etapa estival practican volei praia e o que será o seu técnico, Veloso, comenta que se integrou moi ben e que nela se intúen grandes cualidades coas que poderá achegar moito ao equipo.

Kerman (Izmir, 1994) é internacional coa selección turca de voleibol e desenvolveu a totalidade da súa carreira en equipos do seu país natal. Agora, xunto a Yokuslu, vivirá a súa primeira experiencia fóra. O seu caso lembra ao de Valeria Alcántara, que era esposa de Mazinho no momento da fichaxe polo Celta do campión do mundo brasileiro e que tamén defendeu naqueles anos a camiseta do Xuvenil.