Pione Sisto, Aspas e Boufal, espectadores de luxo en Baltar

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

Os tres célticos, dous de vacacións e outro recentemente fichado, presenciaron o amigable entre Celta e Córdoba

21 jul 2018 . Actualizado ás 22:45 h.

As abarrotadas bancadas do campo de Baltar contaron con tres espectadores de excepción para o encontro amigable entre Celta e Córdoba. O primeiro podía ser máis esperable, pois o club comunicara que Boufal chegara hoxe a Vigo, pero á parte del, tamén estivo en Portonovo Pione Sisto, que finaliza as súas vacacións a próxima semana tras ter disputado o Mundial con Dinamarca, pero que xa está de regreso en Vigo e non quixo perderse o compromiso. O mesmo que Iago Aspas.

Emilio Moldes

Se o mércores fora o moañés o que se achegou a saudar aos seus compañeiros tras o adestramento a porta aberta dese día, tamén durante as súas vacacións, este sábado sumóuselle Pione. Antonio Mohamed comentou tras o partido que lles agarda a ambos a próxima semana, mentres que non será ata a seguinte, concretamente o día 30, cando regrese Maxi Gómez, o mundialista que máis lonxe chegou na cita de Rusia.

En canto a Boufal, foi anunciado este venres como cuarta fichaxe do Celta para a próxima tempada. Unha vez que supere o recoñecemento médico e firme o seu contrato é de agardar que o seu incoporación á disciplina celeste xunto aos seus compañeiros sexa inmediata.

RC CELTA