Os penaltis pospuñan un ano o ascenso do Celta tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

area 11

O Celta caía desde os once metros en Granada e conseguiría regresar a Primeira a tempada seguinte

11 jun 2018 . Actualizado ás 13:45 h.

2011: Tal día como hoxe comezaba a conta atrás para o regreso do Celta a Primeira. Ese día, en Granada, a opción de conseguilo na tempada 2010/2011 se esfumaba do xeito máis cruel, desde o punto de penalti, pero aquel tropezo era o punto de partida para o proxecto que si conseguiría un ano máis tarde pór fin a cinco campañas en Segunda.

No partido de ida Michu dera vantaxe aos celestes para viaxar a  Granada, pero alí un futuro xogador do Celta , Fabián Orellana, fixo que se reeditará o resultado e que a eliminatoria se tivese que decidir desde os once metros. Os fallos de Michu e Catalá pospuxeron o soño celeste nun partido no que os locais contaron coa complicidade arbitral.

O once dese partido habíano formado Yoel, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Sergio Ortega, Catalá, Roberto Lago, Dani Abalo, Bustos, López Garai, Michu e Iago Aspas, con minutos tamén para Trashorras, Álex López e Quique de Lucas. Lago e Aspas remataron expulsados.

area 11