O celtismo tinguía de celeste a Alameda tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

Eran as vésperas do play-off de ascenso no que o equipo quedaría ás portas do obxectivo

02 jun 2019 . Actualizado ás 12:49 h.

2011: A festa tería que agardar finalmente xusto un ano, pero fai agora oito a ilusión do celtismo polo regreso a Primeira respirábase no ambiente. O 1 de xuño os traballadores fixera piña na Madroa, indo animar ao persoal e logo conversando cos xogadores para fomentar a unidade e conxurarse para lograr o obxectivo, foto de familia incluída. Tal día como hoxe, era a quenda da afección.

GUSTAVO RIVAS

A Alameda (praza de Compostela) fora o lugar onde o club convocara á afección para unha concentración de apoio ao equipo. Ao redor dun milleiro de afeccionados acudiron á cita na que non faltaron Mouriño, o consello do administración, membros das categorías inferiores ou o xa entón alcalde de Vigo, Abel Caballero e parte da súa corporación municipal. 

O 8 de xuño disputaríase en Balaídos a ida do play-off contra o Granada, con vitoria pola mínima grazas a un gol de Michu. O mesmo resultado nos Cármenes a favor dos locais propiciou os penaltis, que condenaron ao Celta a continuar outro ano en Segunda. O 2012 si sería o ano da celebración do ascenso para os celestes.

GUSTAVO RIVAS