O día que o United visitou Balaídos nunha semi de Europa League

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CESAR MANSO | afp

Tal día como hoxe se celebraba a ida da eliminatoria entre Celta e Manchester

04 may 2018 . Actualizado ás 09:07 h.

2017: O Celta , o celtismo, a cidade de Vigo e non só vivían o 4 de maio do 2017 un día para a historia. Tras unha tempada máxica en Europa League, o equipo de Eduardo Berizzo deixara polo camiño, case sempre contra prognóstico, á Shakhtar, Krasnodar e Genk para plantarse na primeira semifinal da súa historia, cuxa ida se disputaba en Balaídos hai un ano fronte ao Manchester United.

CESAR MANSO | AFP

Xa durante os días previos a aquel 4 de maio do 2017 respirouse un ambiente espectacular na cidade -alagada pola campaña do club This is Afouteza- e aquel mesmo día estivo marcado máis que nunca pola cor celeste nas rúas de Vigo e as mensaxes de apoio chegados desde todos os ámbitos da cidade (mercados, hospitais, colexios…), do celtismo en todos os recunchos do mundo ou de multitude de exjugadores que quixeron desexar sorte ao grupo ante tan enorme reto.

Óscar Vázquez

Xa en Balaídos, o recibimento que lle brindou aquela tarde a afección ao seu equipo foi seguramente o máis espectacular que se lembra, cun gentío alagando a chaira de Tribuna para empurrar aos seus cara ao máis difícil aínda. Coa mesma intención escolleu o Toto a un once formado por Sergio Álvarez; Hugo Mallo, Gustavo Cabral, Facundo Roncaglia, Jonny Otto; Nemanja Radoja, Tucu Hernández; Iago Aspas, Daniel Wass, Pione Sisto e John Guidetti, con minutos na segunda metade para Jozabed, desde o 73, e Beauvue, que entrou no 92. Polo equipo de Mounrinho xogaron Romero ; Valencia, Bailly, Blind, Darmian; Ander Herrera, Fellaini; Lingard, Pogba , Mikhitaryan (Young, min. 78; Smalling, min. 89); Rashford (Martial, min. 79).

CESAR MANSO | AFP

Un gol de Rashford no minuto 67 obrigaba ao conxunto vigués a apelar á heroica no mítico estadio de Old Trafford a semana seguinte para optar á ansiada final. Non puido ser finalmente, pero o vivido aquel 11 de maio, o día que o celtismo tomou Manchester, quedará gravado na historia do club e da súa afección para sempre.

Carl Recine | REUTERS