O Celta , sancionado pola FIFA

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

STEFFEN SCHMIDT

O club foi multado por incumprir unha cláusula no contrato de venda de Nolito co Benfica

19 abr 2018 . Actualizado ás 12:30 h.

O Celta foi sancionado pola FIFA cunha multa de 53.950 euros por «participar en dous acordos que permitiron ao Benfica injerir na independencia do club e por facer un mal uso do International Transfer Matching System (ITMS) a modo de ferramenta de negociación». Así se recolle nas sancións por infracción das normas relativas á inxerencia de terceiros e aos dereitos de terceiros publicadas esta mañá.

O motivo desta sanción é a existencia dunha cláusula pola que o Celta non podía trasladar nin ceder a Nolito mentres non estivese pagada a totalidade do traspaso. O gaditano chegou ao Celta no verán do 2013 procedente do club luso -aínda que a tempada imediatamente anterior estivera a préstamo no Granada- e foi vendido ao Manchester City tres anos máis tarde. 

«En relación co acordo do Real Club Celta de Vigo, desestimáronse todos os cargos contra o Benfica relativos á violación do art. 18 bises do Regulamento sobre o Estatuto e a Transferencia de Xogadores», engade a resolución, dado que este último club non outorgou ao Celta capacidade algunha para injerir na súa independencia en materia de contratación e traspasos, expón.

Esta decisión hase adoptado en virtude do artigo 18 do regulamento que, a diferenza da edición actual, non contiña fundamentos xurídicos para sancionar ao club que adquire a capacidade de injerir. No entanto, aclaran, o Benfica foi sancionado cunha multa de menor contía por utilizar o ITMS a modo de ferramenta de negociación.