Jozabed lograba o seu primeiro gol co Celta tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Pepe Torres

Foi na vitoria fronte ao Granada de hai un ano na que tamén anotaron Marcelo Díaz e Beavue

16 abr 2018 . Actualizado ás 19:17 h.

2017: Jozabed Sánchez marcaba fai un ano o primeiro dos dous goles que conseguiu coa camiseta do Celta , os dous o curso pasado. Foi fronte ao Granada nun partido que concluíu 0-3 nos Cármenes e no que tamén marcaron Marcelo Díaz e Beauvue.

Berizzo aliñara nese partido aos tres goleadores máis Sergio, Lemos, Sergi, Roncaglia, Planas, Pape, Hjulsager e Bongonda, unha segunda unidade -dez xogadores cambiados respecto ao anterior partido- que se redimió naquel encontro. Jozabed abriu o marcador aos 23 minutos e os outros dous tantos chegaron nunha marxe de tres, na segunda metade.