O Celta remontaba ante o Genk en Balaídos tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Celta 3 - Genk 2 (13 de abril)
Celta 3 - Genk 2 (13 de abril) Óscar Vázquez

Os goles de Pione, Iago Aspas e Guidetti encarrilaban a eliminatoria

13 abr 2018 . Actualizado ás 14:21 h.

2017: Tal día como hoxe, no 2017, o Celta disputaba a ida dos cuartos de final de Europa League ante o Genk. Os vigueses tiñan ante si o reto de superar esa rolda por primeira vez na súa historia en competición continental e esa noite darían o primeiro paso para conseguilo cunha vitoria sobre os belgas por 3-2 con goles de Pione Sisto, Iago Aspas e John Guidetti.

Ante máis de 21.000 espectadores, e tras un recibimento espectacular ao equipo despois de que as penas se mobilizasen para convocar ao resto do celtismo, o equipo levaba o triunfo nun partido cheo de alternativas que comezou do peor xeito. Un gol de Böetius aos dez minutos abocaba aos celestes a remar ao contraxeito. Con todo, en só dez minutos Sisto e Aspas deron a volta ao marcador.

Aínda na primeira parte, Guidetti puña o 3-1 e xa na segunda Buffel lograba o 3-2 para dar vida ao seu equipo de cara á volta. Unha semana máis tarde, con todo, o os de Berizzo lograban un empate que lles daba o billete para a mítica semifinal fronte ao Manchester United.

Óscar Vazquez