Elixir o sitio onde pódese perder o balón

José Luis Mosquera

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

11 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

É un dato significativo. O axuste é máis onde queren perder a pelota agora, antes arriscaban máis co esférico e o rival tiña máis espazo e facíalle moito dano e agora o Celta non perde a pelota en sitios perigosos onde a perdía antes, que era na saída de balón. Agora xa corrixen iso e levan o balón cara a fóra, algo que está a facer todo o mundo por iso os resultados son tan curtos. Agora todos os equipos queren perder o balón en sitios onde non pasa nada.

Os célticos xa saben que o ritmo de xogo non pasa por posesións moi longas e agora aínda tendo a posesión tratan de non perder en sitios complicados como na saída de balón, senón que de perder, tratan de facelo por fóra.

Ata a data o Celta demostraba que podía xogar combinado pero co problema de quen queda atrás para solucionar, porque lembro partidos con equipos que non eran moi poderosos como o Espanyol, que con dúas cousas lle fixo un dano ao equipo tremendo. Os que están atrás teñen que estar concentrados cos que van quedando xa que hai xente que polo seu xeito de xogar se descoloca, o que crea uns corredores polo centro tremendos e iso provoca unha loita constante para os centrais, que se vían expostos con facilidade.

Porque cando un equipo como o Celta ten por costume atacar en campo necesita a xente que estea atenta ás vixilancias ofensivas, que en realidade son as que teñen que frear as transicións.