Jimmy Fagan debutaba co Celta tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Jimmy Hagan (1986-1989)
Jimmy Fagan (1986-1989) BENITO

Foi nun partido de Segunda fronte ao Castelló

01 mares 2018 . Actualizado ás 16:31 h.

1987: O partido disputado o 1 de marzo supuña o debut de Jimmy Fagan como xogador do Celta . Os vigueses, adestrados por Colin Addison, visitaban ao Castelló no Javier Marquina, en Segunda división, nun encontro que finalizou con empate a uns no marcador. O tanto celeste foi obra de Pichi Lucas.

Os vigueses saíron cun equipo titular que xunto co goleador e o debutante compuñan Matei, Gustavo, Lema, Maraver, Gelo, Vicente, Baltazar e Camilo. Arteaga e Alvelo foron os futbolistas de refresco nun partido dirigiro por Brito Arceo.

Tras aquela tempada en Segunda, na que Fagan participou nos 16 encontros que restaban cando chegou -no mercado de inverno- ao converterse pronto nun fixo da defensa céltica, permaneceu no club outras dúas máis, xa na máxima categoría. Na primeira participou en 38 partidos, todos os do campionato de liga, sempre como titular e sendo substituído só en dúas ocasións, en ambas as traspasado o minuto 70. Na súa última tempada en Vigo interveu en 22 encontros.