Sergi non se fía da crise da Real Sociedade

La Voz VIGO / EFE

BANCADA DE RÍO

LOF

O defensa cre que os próximos partidos decidirán cal é o obxectivo do Celta

19 ene 2018 . Actualizado ás 13:43 h.

Sergi Gómez non se fía do mal momento que atravesa a Real Sociedade, que só gañou un dos seus últimos nove partidos oficiais, e augurou un partido «moi difícil» este domingo en Anoeta. «Igual non está no seu mellor momento pero sabemos do seu potencial. Incluso o outro día contra o Barcelona fixeron unha primeira parte espectacular. Non nos podemos confiar, será un partido moi difícil ante un gran rival», declarou o defensa celeste.

Formado nas categorías inferiores do Barça, desde onde deu o salto ao Celta , Sergi Gómez eloxia a aposta futbolística do conxunto donostiarra, similar á que está a intentar implantar Juan Carlos Unzué desde a súa chegada ao banco de Balaídos.

«Con Eusebio levan un tempo apostando por un fútbol vistoso, cunha gran saída de balón. É un equipo ambicioso, con xogadores de calidade», advertiu o central, que podería recuperar a titularidade en San Sebastián tras ser suplente no Ciutat de Valencia.

Achacou o mal inicio de curso do seu equipo a erros «puntuais» que lle custaron «moitos puntos» nos últimos minutos dos partidos, así como ao «período de adaptación» que tiveron que cambiar tras a chegada dun novo técnico.

«Os próximos partidos van decidir cal vai ser nosa posición final. O noso obxectivo é poder estar o máis arriba posible. A tempada pasada gozamos moito na Europa League, mesmo tocamos a final, e esa é nosa maior motivación. Pero para chegar aí necesitamos puír detalles», comentou.