Radoja marcaba o seu único gol co Celta

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

Foi en Balaídos fronte ao Alavés para dar a vitoria aos de Berizzo

15 ene 2018 . Actualizado ás 11:05 h.

2017: Hai hoxe un ano, Nemanja Radoja marcaba o primeiro e ata agora único gol que anotou coa camiseta do Celta . Foi en Balaídos no partido que enfrontaba a Alavés e Celta o 15 de xaneiro do 2017 e aquel tanto serviu para que o equipo dirixido por Berizzo puidese reter os tres puntos. Houbo que agardar ata o minuto 89 para que o serbio decantase o marcador a favor dos locais.

O Celta saíra naquel compromiso cun once no que a Radoja acompañábanlle Rubén, Hugo, Cabral, Fontás, Roncaglia, Wass, Marcelo, Aspas, Guidetti e Bongonda. Fora un partido moi táctico no que os vigueses souberon madurar o partido contra un Alavés sobrio que se viu obrigado a xogar en inferioridade desde o minuto 46 pola expulsión de Feddal por dobre amarela.

XOAN CARLOS GIL

Radoja experimentaba naquela época un gran momento de forma. Titular indiscutible, lograba aprobar unha das súas materias pendentes desde a súa chegada a Vigo: o gol. Este ano, o serbio está a ter un menor protagonismo e por agora suma uns 500 minutos en once partidos, só cinco deles saíndo como titular.