94 anos de Celta , 94 anos de celtismo

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Los inicios, en 1923
Os inicios, en 1923 ARQUIVO PACHECO

O club celebrabra tal día como hoxe a súa primeira asemblea

23 ago 2017 . Actualizado ás 09:20 h.

O reloxo marcaba as 22.00 horas do xoves 23 de agosto de 1923 cando comezaba a primeira Asemblea Xeral do Real Club Celta . Esta celébrase na Federación Gremial de Patróns, onde se eligía a composición da Junta Directiva, segundo datos de Alberto Fernández, CeltaHistoria. A honra de ser o primeiro presidente do club recaía no Conde de Torre Cedeira, con Alejandro Molíns, Guillermo Oya e Rafael Tapias como vicepresidentes. Nese acto adoptábase a decisión de constituír dous equipos -vermello e azul- co fin de realizar a súa presentación en público o máis axiña posible.

 

 Antes, o 10 de agosto, elixiuse o nome do club, que á súa vez foi inscrito no rexistro de Sociedades o 14 de agosto, co que a fusión de Real Fortuna e Vigo Sporting -os clubs que orixinaron o actual Celta - era xa un feito. Quedaba fixada a primeira asemblea, da que hoxe se cumpren 94 anos, mentres que o 14 de setembro disputaríase o partido de presentación e un mes máis tarde, o 23 de setembro, o primeiro choque oficial.

No ano 1939 o club debutaría na máxima categoría e en 1948 proclamouse subcampión da Copa do Generalísimo nos primeiros grandes fitos da súa historia. Mención á parte merece a primeira clasificación para Europa, na tempada 1970/1971 e, as finais de Copa de 1994 e 2001 ou os anos de esplendor de finais dos 90 e principios da década dos 2000, coa primeira clasificación para a Champions. Xa o curso pasado, o equipo volveu facer historia ao acadar as semifinais da Europa League e, no mesmo curso, plantarse na mesma rolda da Copa.

Clasificación para las semifinales de Europa League
Clasificación para as semifinais de Europa League JOHN THYS