Tal día como hoxe o Celta pechaba a fichaxe de Luccin

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Lorena g.c.

Chegaba a Vigo procedente do Paris Saint-Germain e disputou máis dun centenar de partidos co equipo

27 jul 2017 . Actualizado ás 11:23 h.

2001: O Celta pechaba a incorporación do centrocampista francés Peter Luccin, que fichaba procedente do Paris Saint Germain. Chegou en calidade de cedido cunha opción de compra que o club decidiu exercer en vista da gran primeira tempada que asinou en Vigo, na que dispuxo dun gran protagonismo chegando a disputar 33 partidos.

Non dispoñible

O seu papel volveu ser relevante na dúas campañas seguintes (en total sumou 97 encontros de liga, 118 sumando Copa, UEFA e Champions no seu último curso como celeste), pero tras o descenso do 2004, co Celta en Segunda, converteuse nun xogador apetecible para multitude de equipos. Foi finalmente o Atlético de Madrid o que llo levou e alí estivo tres tempadas antes do seu traspaso ao Zaragoza.