O rap de Guidetti e Bongonda centraba a celebración europea tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

RODRIGO OTERO

A praza de América enchíase tras a vitoria ante o Málaga para festexar o regreso a Europa o 8 de maio do 2016

08 may 2017 . Actualizado ás 09:57 h.

2016: A festa era redonda para o celtismo o 8 de maio do 2016. Coa clasificación europea xa na man desde días antes, o club organizara unha gran festa para celebralo despois da partida fronte ao Málaga disputado tal día como hoxe. A vitoria nese compromiso, pola mínima con gol de Nolito, fixo que a celebración fose perfecta.

Tras o partido houbo festexos sobre o céspede, con discurso de Carlos Mouriño e exhibición de paracaidismo incluídas. Logo chegou o momento de trasladarse a Praza de América, onde os xogadores foron recibidos por unha multitude. Sobre o escenario instalado para a ocasión xogadores e Berizzo dirixíronse á inchada e mesmo Guidetti e Bongonda atrevéronse cun rap dedicado ao club que foi un dos momentos máis lembrados daqueles festexos.