Quique Costas disputaba o seu último partido co Celta tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Foi o 18 de abril de 1971, na tempada da primeira clasificación para a UEFA

18 abr 2019 . Actualizado ás 17:13 h.

1971: O vigués e canteirán do Celta Quique Costas vestía a camiseta do equipo por última vez antes de fichar polo Barcelona. Céltico entre os anos 1965 e 1971, debutou coa selección española pertencendo ao equipo da súa cidade, co que xogou tanto en Primeira como en Segunda, contribuíndo á clasificación europea do equipo selada precisamente no seu último encontro.

Costas interveu co Celta en 168 partidos, o primeiro aos 18 anos. Foi fronte ao Indautxu, o mesmo rival ante o que na segunda volta da tempada 1965/1966 asinaría o seu primeiro gol. En total serían dez os tantos que conseguiría durante a súa etapa celeste.

Naquel último encontro seu disputado un 18 de abril os vigueses medíanse á Real Sociedade e o resultado final foi de 1-1. Gost, Manolo, Hidalgo, Rivas, Isabelo, Juan, Almagro, Lezcano, Jiménez e Rivera foran os elixidos por Arza xunto co propio Costas.