Un Celta de canteiráns plantaba cara ao Atlético en Copa tal día como hoxe

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

BENITO ORDOÑEZ

Os vigueses, dirixidos por Eusebio, acurralaron aos colchoneiros no seu campo, aínda que non puideron superar a eliminatoria

21 ene 2017 . Actualizado ás 10:23 h.

2010: O Celta de Eusebio Sancristán plantaba cara ao Atlético no Calderón na ida de cuartos de Copa tal día como hoxe. E facíao sendo equipo de Segunda e cun equipo infestado de xogadores galegos, a maioría canteiráns, que xa sorprendera ao Vilarreal na anterior rolda. 

O once céltico estivera formado por Yoel, Vasco Fernandes, Noguerol, Túñez, Roberto Lago, Vila, Michu, Trashorras, Abalo, Iago Aspas e Botelho. Trashorras era o encargado de abrir o marcador cando só transcorreran tres minutos de partido e Tiago empataba pouco despois (minuto 11). Pero o recordo que quedou daquel partido, máis aló de que os celestes non superasen a eliminatoria, foi o dun Celta que bailou ao Atlético no seu campo e que, ademais, viu como Undiano Mallenco non sinalaba un penalti claro sobre Michu.

BENITO ORDÓÑEZ

Os vigueses tiveron o balón e tiraron de descaro mentres os colchoneiros, entón dirixidos por Quique Sánchez Flores, limitábanse a defender e agardar á contra. Ben colocados e sen perder a compostura, os vigueses encaixaran o seu único gol de estratexia. Dani Abalo e Trashorras desperdiciaron algunhas ocasións claras.

Na volta, en Balaídos, unha vitoria pola mínima dos madrileños (0-1, Forlán aos 26 minutos) acababa co soño copeiro do Celta 2009/2010.