Tal día como hoxe o Celta levaba o derbi fronte ao Deportivo

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Os goles de Nolito e Larrivey servían aos vigueses para derrotar ao conxunto herculino en Balaídos

23 sep 2020 . Actualizado ás 09:01 h.

2014: Celta e Deportivo medíanse en Balaídos nun derbi no que os puntos quedaron en casa. Nolito abriu o marcador aos tres minutos e, aínda que Isaac Cuenca logrou a igualada ao comezo da segunda parte, un gol de Larrivey na recta final serviu para que a vitoria caese ao lado dos locais.

Berizzo, no seu primeiro derbi como adestrador céltico, apostou por un once formado polos gos goleadores máis Sergio, Hugo Mallo, Cabral Fontás, Planas, Radoja, Álex López, Krohn-Dehli e Orellana. O meta de Catoira converteuse nun dos protagonistas do choque ao deter o penalti do que dispuxo o equipo coruñés ao bordo do final.

Preto de 24.000 espectadores asistiron á que ata agora é a penúltima vitoria viguesa nun derbi en Balaídos despois de que hai dúas tempadas o duelo rematase en empate, en outubro do 2016 os vigueses goleasen (4-1) e a finais da tempada 2017/2018 empatasen, igual que na 2015/2016. Esta será a terceira tempada consecutiva sen derbi en Primeira, aínda que o equipo coruñés se enfrontará ao Celta B en Segunda B.