Víctor Fernández confirmaba o seu adeus ao Celta

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

M. MORALEJO

Dirixiu ao equipo durante catro tempadas

06 may 2017 . Actualizado ás 13:42 h.

2002: Tras rexeitar a proposta de renovación de Horacio Gómez, confirmábase o adeus de Víctor Fernández como técnico do Celta . O maño consideraba que chegara o fin dunha etapa que se prolongou durante catro tempadas de grandes éxitos para o club.

Fernández anunciaba ao seu persoal que o partido que dirixiría en Vallecas uns días despois -e que concluíu con derrota visitante- sería o último e Miguel Ángel Lotina converteríase posteriormente no seu substituto. Deixou o club clasificándoo novamente para Europa -foi quinto- do mesmo xeito que nos seus outros cursos á fronte, con outro quinto posto, un sexto e un sétimo que supuxo a clasificación continental a través da Intertoto.