O Real Madrid medíase a un combinado de Celta e Deportivo nun amigable solidario

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

LA VOZ DE GALICIA

O partido disputado no Bernabéu o 15 de abril do 2003 serviu para recadar fondos para os afectados polo Prestige

15 abr 2020 . Actualizado ás 10:32 h.

2003: O Real Madrid recibía no Bernabéu a un combinado formado por futbolistas do Celta e o Deportivo hai hoxe 18 anos. A escusa para que se disputase aquel amigable era recadar fondos para os afectados pola catástrofe do Prestige, aínda de plena actualidade nese momento meses despois de que se produciu. 

O combinado dos equipos galegos estivo formado por Molina, Manuel Pablo, Cáceres, César, Juanfran, Mauro Silva, Anxo, Mostovoi, Fran, McCarthy e Diego Tristán como equipo titular na primeira parte. Interviñeron tamén Luque, Pinto, Coira, Donato, Berizzo, Romero , Giovanella, Scaloni, Víctor, Gustavo López e Catanha. Caeron por 3-0 ante un Madrid sen a mayoria das súas estrelas e polo que xogaron César, Miñambres, Hierro , Pavón, Roberto Carlos, Cambiasso, Celades, McManaman, Solari, Rául e Morientes como equipo titular.

O partido celebrouse baixo o lema Xuntos por Galicia e o conxunto formado por célticos e deportivistas vestiu de verde. Os goles subiron ao marcador grazas a McManaman no minuto 12 e Morientes por partida dobre (minutos 14 e 43).