A princesa Catalina, anfitrioa das estrelas no seu concerto de Nadal

martin bastos

XENTE

Os actores Kate Winslet, Chiwetel Ejiofor e Eugene Levy, entre os invitados ao recital de panxoliñas que organiza cada ano a princesa de Gales

06 dic 2025 . Actualizado á 13:48 h.

A princesa Catalina de Gales exerceu un ano máis de anfitrioa do concerto anual de panxoliñas Xuntas por Nadal, unha cita que cumpre xa cinco anos e que o pasado ano supuxo un punto de inflexión e un regreso á actividade pública desde que se coñeceu o seu diagnóstico de cancro.

Como é habitual, Catalina estivo arroupada polo seu esposo, o príncipe Guillermo e os seus fillos, os príncipes Jorge, de 12 anos, Carlota (10) e o pequeno Luis (7), que volveu converterse unha vez máis no protagonista da reunión familiar.

Os príncipes de Gales e os seus fillos colgaron na abadía de Westminster unha cadea de elos de realizados con papel vermello que levaban os seus nomes escritos a man, o que permitiu ver a caligrafía dos membros máis pequenos da familia.

Catalina acudiu vestida cun abrigo verde a este acto ao que tamén asistiron como invitados numerosos rostros famosos, entre eles os actores Kate Winslet, Chiwetel Ejiofor e Eugene Levy.