Pode un restaurante servir tortilla con ovos pouco callados?, canto tempo aguanta o sushi na neveira?

L. G. V.

TRUCOS

Emilio Moldes

Se tes preguntas sobre nutrición, receitas ou mesmo protocolo na mesa, deixa a túa consulta na caixa de correos gastronomia\lavoz.es e os profesores do Centro Superior de Hostalería de Galicia sacaranche de dúbidas

22 may 2019 . Actualizado ás 15:08 h.

España é o país rei da tortilla. Pero máis aló disto, na esquina noroeste peninsular estamos especialmente orgullosos da variante betanceira, xa saben, esa en a que o ovo de espalla e que fai as delicias de innumerables padais. Por iso que algún dos lectores de Sabe Ben quixese resolver algunha dúbida ao redor deste prato era cuestión de tempo. E ese día chegou, neste caso, expondo se os restaurantes teñen permiso para servir aos seus comensais uns ovos sen callar. Ademais, algún adicto ao sushi quere saber canto aguanta o seu prato favorito xaponés na neveira (¡que non se perda un futomaki!). Pero lean, lean, que aínda hai máis preguntas. E todas, como sempre, respóndenas os profesores do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG).

Poden os restaurantes servir tortilla con ovos pouco callados (tortilla de Betanzos, ovos fritos con xema líquida…)?

A recomendación que se fai aos negocios de hostalería é que non utilicen ovo nas preparacións nas que non se acadan os 70º de temperatura no seu interior; é dicir, en calquera destes exemplos nos que o ovo queda pouco callado. Para estas preparacións promóvese o uso de huevina (ovo pasteurizado), pero é só unha recomendación, non unha prohibición, así que cada establecemento debe facerse responsable do que prepara.

Roberto Walther, responsable do departamento de Cociña do CSHG.

Canto tempo aguanta un fumet de peixe no conxelador?

Un fumet admite moi boa conxelación e pódese conservar durante polo menos tres meses.

Patricia Beiro, profesora de Hixiene, Dietética e Nutrición no CSHG.

É mellor comer hidratos antes ou despois de facer exercicio? 

Un dos principais erros que cometen as persoas que practican algún deporte é pretender eliminar os alimentos ricos en hidratos de carbono e a realidade é que é un grupo de alimentos importantísimo para conseguir un óptimo rendemento, xa que logo podemos dicir que hai que consumilos tanto antes como despois.

Patricia Beiro, profesora de Hixiene, Dietética e Nutrición no CSHG.

Podo comer sushi ao día seguinte de compralo?

Hai que respectar a data de consumo que aparece no envase, pero en calquera caso a miña recomendación é consumilo canto antes, xa que os seus ingredientes son moi sensibles á deterioración, así que ¡cómecho hoxe mellor que mañá!

Patricia Beiro, profesora de Hixiene, Dietética e Nutrición no CSHG.

Que diferenza hai entre asar á pedra e á brasa?

Asar á pedra consiste en ter un foco de calor, xeralmente un quemador de gas, que quenta a pedra e nela ásase o xénero directamente. Ao asar á brasa a fonte de calor é a brasa proveniente de carbón ou leña, que é a que quenta as grellas para que o xénero a cociñar fágase sobre elas.

máis dúbidas resoltas en sabe ben