CONTIDO PATROCINADO

O mundo da coctelería comeza a abrirlle paso ao viño branco, que sempre estivo á sombra neste terreo debido á fama mundial da sangría

No verán, cando pensamos en cócteles mesturados con viño, o primeiro que nos vén á cabeza é a famosa sangría. Neste caso, este combinado afrutado dá unha oportunidade ao viño branco no mundo da coctelería. Non sempre será o tinto quen reine no mundo dos combinados.

Unha idea creativa elaborada por Jose Luis Represas, alumno da Escola de Hostalería Carlos Oroza, e segundo gañador do I concurso de coctelería, organizado pola escola xunto con Adegas Marqués de Vizhoja. Este cóctel titulado polo seu autor como «O Vermú dá Muchiña», fai homenaxe á súa avoa Muchiña. Deste primeiro concurso, elaborouse un recetario completo de cócteles doados e refrescantes para este verán.

Este cóctel está elaborado por dous produtos da adega galega, o Licor de Herbas d´Vizhoja PREMIUM, un dos primeiros augardente avalados por Slow Food Compostela, e o viño branco Marqués de Vizhoja. Este viño branco, conta con varias mencións e selos tales como: certificado por V- Label co selo vegano, medalla prata con 90 puntos en (IWSC) International Wine & Spirit Competition 2021 (coa colleita 2020), distinguido con 4 estrelas e 87 puntos en Guía Peñín (colleita 2018, Guía 2 Peñín 2020), medalla de ouro no International Awards Virtus 2020 (colleita 2019) entre outros e medalla de prata en Best Of Spain Wine Challenge Irlanda 2019 (colleita 2018).

*O viño só se goza con moderación. Marqués de Vizhoja, viño branco.

Este é o paso a paso para elaborar esta sinxela receita:

Ingredientes:

Ingredientes para a espuma:

Elaboración:

Para a espuma de viño incorporamos todos os ingredientes desta elaboración a unha coctelera, axitamos e reservamos. Engadimos á coctelera 8 pedras de xeo, e o resto dos ingredientes anteriormente mencionados e axitamos.

Para rematar, servimos na copa, engadimos a espuma e espolvoreamos o po de fresa.

Presentación:

Coroamos co aire de viño branco, espolvoreamos o po de fresa e decoramos cunha rodaja de mazá deshidratada.