CONTIDO PATROCINADO

Este restaurante de Muxía, un dos referentes gastronómicos en produtos do mar nos últimos 10 anos en Galicia, volve hoxe a abrir as súas portas. Faino cunha oferta gastronómica renovada, nova terraza e instalacións adaptadas á situación actual do covid-19.

FACTORIA DE CONTIDOS

Con aires renovados, Sergio Sambad, responsable deste local muxián que reinicia a andaina do seu restaurante hoxe, e Mari Luz, a encargada dos fogóns de  A de Loló e que fai que todos os clientes saian sumamente satisfeitos, renovan a súa oferta gastronómica apostando forte pola cociña do mar, dándolle unha nova volta de porca ao concepto de mariscada para achegarse a un formato que describen como unha degustación dos sabores do mar.

Deixando atrás o concepto manido de gran mariscada onde todo sae xunto, para dar paso a unha idea na que os pratos de marisco sucédense ao ritmo que marque a experiencia culinaria, todo iso máis coidado e seguindo unha orde para garantir o goce total. Unha Vinagreta de mexillóns frescos, gambas A de Loló, zamburiñas galegas, longueirón das nosas praias, ameixas á mariñeira ou en salsa verde, rematando cun bogavante enteiro á prancha e ben vestido. «Podemos garantir que serán os mellores produtos da zona». Sambad di convencido que a mellor calidade está na de Loló porque o devir dos anos de experiencia así o ditou: «Tes que ter a mellor materia prima e que sexa dos mellores e máis respectuosos pescadores», indica.

E poden ter razón, pois non é menos certo que cada vez máis xente compara este local con algún dos templos do peixe e marisco en Galicia.

ANA GARCIA

Saben eles que entre os seus clientes máis fieis a maioría agarda con ansia os seus arroces, pois son a súa especialidade. «Temos algunha novidade nesa liña, algo novo hai». Do mesmo xeito, e a pesar de que son un referente en produtos con escamas, a carne non deixará de ter un papel protagonista para aqueles que prefiren ter o padal na terra. «Entre outras cousas recuperamos en carta a costilleta mariñeira, que é un prato mítico; frita en aceite de oliva con allos, como o comían os mariñeiros, e acompañada de pementos e patacas fritas».

ANA GARCIA

Se en toda a conversación os responsables da de Loló - Cociña do Mar falan con paixón do menú, ao mesmo tempo insisten en que nesta nova etapa centraranse unicamente na quenda de mediodía con amplos horarios de cociña, podendo alongar a sobremesa ata ben entrada a tarde na súa nova terraza exterior, onde poder gozar á súa vez da súa renovada carta de sobremesas.