Entre os propósitos de ano novo de moitos se atopa unha dieta sa e equilibrada. Con este menú poderán cumprir con este desexo sen renunciar a gozar coa comida

As badaladas e as doce uvas son o punto de partida dos bos propósitos. E o cambio de hábitos na alimentación empeza a ser un indispensable de moitas das listas. Seguir unha dieta sa e equilibrada non é sinónimo de aburrimento; de feito, pórse en serio con este tema pode ser unha gran escusa para levar á boca alimentos que non adoitamos incluír na cesta da compra. É o caso da carne de poldro galego 100 % raza autóctona, que é saborosa e indicada para todo tipo de persoas pola súa gran cantidade de nutrientes.

Este produto, baixo en graxas, de alto contido proteico e elevado contido de ferro asimilable, convértese nun aliado á hora de reducir o colesterol, activar o metabolismo ou de previr enfermidades cardiovasculares. Se ás súas propiedades nutritivas engádeselles o excelente valor culinario e as moitas posibilidades que ofrece na cociña, sin duda, trátase dunha excelente opción para pórse a piques de cara ao bo tempo.

Cun lixeiro carpaccio, pero tamén cunha hamburguesa, demostramos que é doado e sinxelo comer diferente, saboroso e sen renunciar a lucir talle.

Carpaccio de poldro

*4 persoas

  • 400 g de solombo de poldro galego
  • 3-4 cucharadas de alcaparras
  • 150 g de follas de rúcula
  • Sal e pementa
  • Aceite de oliva virxe extra (opcional)
  1. Fileteamos en rodajas moi finas os solombos de poldro.  
  2. Colocamos os cortes ocupando todo o prato.
  3. Salpimentamos ao gusto
  4. Rallamos o parmesano sobre a carne e engadimos as alcaparras e a rúcula
  5. Como colofón, para darlle un punto mediterráneo, botamos un chorrito de aceite de oliva virxe extra

Hamburguesa de poldro

*4 persoas

  • 800 gramos de carne de poldro galego picada

  • 2 ovos
  • Perexil picado
  • Pan de hamburguesa
  • Leituga
  • Rúcula
  • Tomate
  • 2 cebolas grandes
  • Pepinillos
  • Un aguacate

1. Mesturamos nun recipiente a carne, o ovo batido, a rúcula, o perexil picado fino e cebola moi, moi fina. Salpimentamos.

2. Amasamos ata conseguir unha masa uniforme. 

3. Posteriormente facemos, con esa masa, entre catro e seis bólas, que esmagaremos en forma de discos dun grosor medio.

4. Coas hamburguesas listas podemos preparalas no ferro ou no forno. De calquera das dúas formas non necesitaremos moito tempo nin preparación. Importante: vixía os tempos para que non se queimen moito por fóra.

5. Para rematar, colocamos os diferentes ingredientes dentro do pan: leituga, rodajas de tomate, a hamburguesa, un par de tiras de cebola e, finalmente, o pepinillo e o aguacate en rodajas.