O refresco máis vivo

MARCO SORIANO www.lacocinaesvida.com

SABE BEN

Komvida

As bebidas fermentadas irrompen con forza no mercado dos refrescos e convértense en tendencia. As kombucha ten beneficios para a saúde. Pero é certo todo o que din acerca das súas propiedades?

07 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Aínda que pode haber xente que escoite este nome por primeira vez, en realidade a kombucha é unha bebida milenaria de orixe chinesa. Basicamente é un fermentado, a base de té azucarado, por unha colonia de fermentos e bacterias chamada scoby.

Estas cepas actúan sobre o líquido alimentándose do azucre, reducindo o mesmo e creando unha serie de vitaminas, encimas, minerais e ácidos orgánicos que a transforman nunha bebida probiótica. 

BEBIDA SAUDABLE

Aínda que algúns lle atribúen propiedades case medicinais, a kombucha non actúa como un medicamento senón que axuda a previr, xa que estimula o crecemento e a actividade de bacterias beneficiosas na flora intestinal. Xa que logo, facilita as dixestións e fortalece o sistema inmune. Ao ser un derivado do té, é estimulante motivo polo cal tomada en determinadas situacións pode causar insomnio. Se a facemos en casa, hanse de extremar as condicións de hixiene xa que ao presentar un medio moi favorable para o crecemento de fungos e bacterias, poden aparecer algunhas prexudiciais para o organismo. Para evitar estes riscos, actualmente atopamos no mercado unha serie de fabricantes que nos ofrecen con todas as garantías este derivado do té. O sabor da orixinal é acedo cun toque doce e burbullas que nos podería lembrar un pouco á sidra. Pero a guerra contra os refrescos azucarados non fixo máis nada que empezar e xa atopamos a kombucha con sabor a piña, a fresa, té verde, cenoria…