A escusa perfecta para preparar crepes doces ou salgados

T. G.

SABE BEN

Abi Porter / Flickr

No Día Internacional das Crepes aproveita para preparalas e descubra a difencia entre o prato francés e as nosas filloas

01 feb 2019 . Actualizado ás 22:14 h.

A fin de semana xa empeza saboroso, pois celebramos hoxe, 2 de febreiro, o Día Internacional das Crepes -máis coñecido en Francia como A Chandeleur-. Estes «soles de fariña» son orixinarios da rexión de Bretaña, e na actualidade é un prato que se consome practicamente a diario no país veciño.

As crepes levan fariña de trigo, auga, ovos e sal. E aínda que sexan similares ás nosas filloas, hai diferenzas. Por exemplo: a crepe prepárase con manteiga e a filloa non. Ademais, na sobremesa galega non se utiliza fariña integral e adoitan levar sangue de porco na súa elaboración.

Na receita francesa agrégase todo tipo de ingredientes doces ou salgados, así que sacia a todos os padais (como recheos de froitas, chocolate, carnes e ata verduras). Agora xa tes a escusa perfecta para preparar unha destas receitas en casa e comer unha chea:

DOCES

SALGADOS