Xestur reduce o seu capital para compensar as bonificacións por chan industrial

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

GALICIA

A sociedade da Xunta equilibra así os gastos xerados pola rebaixa de 64 millóns de euros na venda de parcelas públicas

22 feb 2021 . Actualizado ás 14:52 h.

Xestur, a sociedade que xestiona o chan industrial promovido pola Xunta, reduciu o seu capital social en 3,92 millóns de euros de compensar os gastos derivados da bonificación de chan industrial a novos compradores. O organismo autonómico decidiu no 2015 iniciar unha forte ofensiva para sacar adiante parcelas urbanizadas en polígonos públicos repartidos por toda Galicia, aplicando descontos de ata o 50 % en todos os situados nas provincias de Lugo e Ourense, e na comarcas de Ferrol, Costa da Morte e todas as Pontevedra próximas á fronteira con Portugal. O resto, os que teñen máis demanda por localización, contan con rebaixas sobre a tarifa orixinal do 30 %.

En total, no último lustro o importe das bonificacións acadou os 64 millóns de euros, e a Consellería de Medio Ambiente, responsable do chan en Galicia tras a última remodelación do Goberno, afirma que seguirá apostando por este tipo de promocións para captar actividade económica e industrial. 

A redución, canalizada a través da diminución do valor nominal de as 122.051 accións, deixa unha a nova cifra de capital social en 216,7 millóns de euros. No 2014, Xestur tiña un capital de 56 millóns de euros, que practicamente se cuadruplicó tras a fusión das catro entidades provinciais.