O Chicle está a dez días de coñecer a sentenza firme por Diana Quer

redacción VIGO / LA VOZ

GALICIA

XOÁN A. SOLER

José Enrique Abuín coñecerá o fallo firme no cárcere de León

26 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A sala do Tribunal Supremo —composta polos maxistrados Miguel Colmenero (presídea), Eduardo de Porres, Carmen Lamela, Leopoldo Ponte e o relator Vicente Magro— reuniuse onte para a deliberación e fallo do recurso presentado pola morte de Diana Quer. Tanto a sentenza en primeira instancia, da Audiencia Provincial da Coruña, como en segunda, do Tribunal Superior de Xustiza, condenan a José Enrique Abuín a prisión permanente revisable. Dan por feito de xeito rotundo que asasinou e abusou sexualmente da moza de 18 anos na nave de Rianxo, onde a retivo polo menos unha hora e 21 minutos.

O artigo 899 da lei de Lei de Enjuiciamiento Criminal recolle que a sentenza terá que coñecerse nun prazo de 10 días desde a deliberación, aínda que existe a posibilidade de que se dite unha resolución ampliando o prazo. Ocorre en procedementos moi complexos, como foi o do Prestige. O Chicle coñecerá o fallo firme no cárcere de León.